Adicados ós malabares e artes circenses

Inicio
Foro
Galerias
Ligazóns
Contactar
Buscar
O teu Malandraxe
Imaxes ó azar

brutoni_familiap.jpg
En Liña
Non hai usuarios conectados
RSS
Envíanos as tuas fotos
Outono de circo
escrito por Moi o 04/10/09

Comezámolo outono con forza, e nada mellor que un Cabaret de malabares e o que saia para inaugurala nova tempada de actuacións. Así que xa sabedes vémonos na Cantina Candela o mércores 7 de outubro ás 22:15H.

 

Saudoz..... ^_^

 
Malandraxe no Reperkusión 2009
escrito por Moi o 15/09/09

 Coma todolos anos por estas datas organizase en Allariz o festival reperkusion. Ademáis de música poderemos atopar talleres de malabares (VII Encontro de malabares coordinado por pista5), perkusión e actividades varias. Malandraxe colabora este ano nos talleres e actuan tamén Circo Escarranchado e Circampestres

 

Para que non teñades excusa, poño aqui os enlaces necesarios para non perderse

 

  Programa

  Info das entradas

  Como chegar

  Acampada

 

Animádeos, a festa promete..

 
De volta, vídeo da protesta pola privatización de Ons
escrito por Moi o 15/09/09

Parece que o servidor deixounos uns días sen servizo. Pero xa estamos de volta !! por sorte non perdemos nada nin afectou os contidos antigos. Para celebralo colgamos o video da protesta pacifica en Bouzas pola privatización do camping de Ons.

 

Como non... moitas moitas grazas Mistertrufa ;D ;D

 

 

 
Pasarrúas e Cabaret de Gorra no Casco Vello
escrito por kitinhos o 11/08/09
O Sabado 15 de agosto pola noite temos un pasarrúas e un cabaret de gorra no casco vello. se queredes participar falade con Esta dirección de correo electrónico está protexida contra os robots de spam, necesita ter Javascript activado para poder vela ( enviar email ) ou pasade polo local o sabado pola tarde para ver que podedes facer. agradecería que a xente participara (os que poidan) xa que é un curro para malandraxe, gracias e un biko.
 
PD: Quitei o telefono da mensaxe pq despois propágase por google, se alguen quere chamalo ó movil ten o número no foro. (Moi)
 
+ Fotos
escrito por Moi o 09/07/09

Que caña!! gracias a Mistertrufa temos as galerias enchidas ;) damoslle entrada a unha nova galeria adicada o evento "Festa da reutilización". Celebrado o sabado 27 de xuño na parte de atras do Marco e organizado pola plataforma Entremos na panificadora , que defende o espazo da panificadora coma un espazo aberto adicado ós actos culturais. O final da noticia deixamos unha mostra.... Para ver a galeria completa preme aquí

 

Festa da Reutilización Festa da reutlización Festa da reutilización Festa da Reutilización

 
Fotos fotos fotos!!!
escrito por Moi o 01/07/09

Gracias a Mistertrufa xa temos as fotos do cabaret "En Construclown" celebrado o pasado domingo 28 de xuño. Subimos todas a unha nova galeria, de xeito que vos sexa mais doado ver todas. Esperamos que vos gusten... Para ver a galería completa preme aquí

 

Cartel do Cabaret En ConstruClown

  

 
Vídeos do Candela
escrito por Moi o 23/06/09
Sam Ti facilitounos un enlace ós vídeos sacados por él na Cantina Candela da actuación "Hoy no tengo el chichi para farolillos". Os deixo aquí para que non teñades que buscalos. De todas formas atoparedeos na rede de vimeo.com buscando Malandraxe.

Moitas gracias Sam Ti.



 
Festa da panificadora e Cabaret en Montero Rios
escrito por Moi o 22/06/09

Localización do Cabaret a lado do Náutico Infórmanos kitinhos no foro:

 

27/06/2009 Festa da panificadora no marco


28/06/2009 Cabaret de malandraxe na rúa ( Enlace o Google Maps. O 'B' verde e o punto aproximado do cabaret )

 

 

O Cabaret do 28 de Xuño será nas gradas detrás de onde se collen os pasaxe ás illas Cies, entre a piscina do Náutico e o centro comercial da Laxe, ainda non temos horas, pero en canto saibamos seredes os primeiros en podelas ler.

 

Un saudo malandraxes...

 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 Seguinte > Final >>

Resultados 9 - 16 de 43