|
En Liña |
|
Non hai usuarios conectados |
|
|
|

|
escrito por Moi
o 10/11/08 |
|
Este pasado mércores Circo Escarranchado presentou o seu novo número "vadepique" coma estaba previsto na Cantina Candela, un espectáculo inesperado cun remate impresionante, pena non poidan repetilo máis a menudo ;) . Ninguén levóu cámara, de forma que non temos ningunha instantanea do momento, a ver se nos animamos e baixamos algunha... para poder subir algo novo ás galerías. De novo pasado mañá no Candela a mesma hora ( mercores, as 10.00 ) seguindo o plan do mes do circo poderemos disfrutar do espectáculo da man dos Circampestres. Xa está en marcha a organización da festa para ¿socios?, no local o día 15 de novembro, licor café e crema de oruxo para todos !! de momento temos poucas novas, tan pronto saibamos máis subímolo á web <:) Colaborade coas vosas ideas ou aportacións no foro dos socios. Deica, vémonos no Candela!! |
|
|
escrito por Moi
o 25/10/08 |
|
Malandraxe volta os escenarios, nesta ocasión presentarán novos números e clásicos no CANDELA e na COVA DOS RATOS . Un mes o de novembro (pinchade nos enlaces pra aceder as respectivas páxinas), con actuacións semanais no Candela, a cargo do Circo Escarranchado e de Circampestre, e unha actución única na Cova, o sábado 22 de Novembro, ás 9e30(horas). E como final de festa o mércores 26 de novembro no Candela a partires das 10 (da noite) . [e tamén, FESTA LOCAL MALANADRAXE (¿Socios?): 15 de novembro as 21:00 no local ] Lembrade levar algo solto para os artistas, vémonos alí !!!! PD: Os cartéis colgaranse tan pronto os teñamos... (PRESENTACIÓN CARTEL CABARET NA FESTA LOCAL MALANDRAXE)... LOCALDRAXE? |
|
|
escrito por Rena
o 14/10/08 |
|
Ola a tod@s e benvidos a nova páxina güeb (web) de Malandraxe, asociación de malabares e artes circenses da cidade de Vigo (Galiza). Aquí temos, e grazas ó trabalho de Moi, este novo sitio onde enterarse das actividades que levamos a cabo, así como de outros eventos que pensamos que mereza a pena. Ademáis, e agora é o voso turno, podedes darvos de alta na páxina creando un nome de usuario (con contrasinal) para enviar novas ou ligazóns, ou participar nos foros que xa se irán creando... En fin, de momento xa temos outra páxina, e con melhoras. Malandr@s, malandríns e demáis, Malandraxe en interné! |
|
|
escrito por Administrator
o 25/08/08 |
|
Este fin de semana chega a Vila do Conde (Preto de Oporto) de mans do grupo Corda Bamba a 3ª Convenção de Artes do Circo.
Esta convención será do 29 ó 31 de agosto. O prezo da inscrición dende 6 € por un dia para os mais cativos a 20 € para os adultos que desexen permanecer os tres dias. A convención inclue talleres polas mañás ( Bolas, zancos, manipulación, acrobacias... ) e espectaculos polas rúas na tarde-noite. A información na sua Web [INFORMACIÓN] Poderedes atopa-lo programa en PDF no seguinte enlace [PROGRAMA] Vémonos en Vila do Conde ^_^ !!! |
|
|
escrito por Administrator
o 25/08/08 |
|
Coma cada ano celebrouse en Santiago o Festival d'Gorra, nesta ocasión ó largo da semana do 16 o 24 de Agosto. Este ano trouxeron un fantástico espectaculo da man de .... .... .... .... ..... Estivemos onte alí disfrutando da actuacion do malabarista Castañeta, do "Circo Escarranchado", e tamén na gala final onde poidemos acadar algunhas fotos, en canto poidamos subiremos a galeria.... Galeria do sabado 16 de agosto |
|
|
escrito por Administrator
o 28/05/08 |
|
A partir do 17 xuño, continuaremos os obradoiros de malabares onde sempre o facíamos, na rúa Montero Ríos, nos xardíns ó lado da estación marítima. Alí estaremos, os martes e xoves pola tarde. No caso de mal tempo ou choiva, tocará refuxiarse no local outra vez. Lémbradevos de baixar os vosos malabares! |
|
|
escrito por Administrator
o 17/02/08 |
|
Por fin, xa o temos. A asociación Malandraxe inicia un novo ano con local. Felicidades a tódol@s malabaristas por acadar este obxetivo. E co local por diante, seguimos cos obradoiros de malabares. Martes, xoves e sábados de 17h a 21h, só para socios (aínda que se non es soci@, pásate un día para probar e coñecernos). Ven a aprender a malabarear, e a xogar un rato. Onde está o local? Na rúa Esperanto 10, baixo (ó lado do colexio Alba, perto do cruce dos choróns). Esperamosvos no local! |
|
|
escrito por Administrator
o 06/12/07 |
|
Este sábado, 15 de nadal, organizamos unha "Noite de Circo". Nela, algúns dos membros de Malandraxe nos sorprenderán sobre o escenario da Cova dos ratos (rúa Romil, 3). Todo isto será as 21:30. Estades tod@s convidad@s. Vémonos! |
|
| << Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 Seguinte > Final >>
| | Resultados 33 - 40 de 43 |
|
|
|
|