Adicados ós malabares e artes circenses

Inicio
Foro
Galerias
Ligazóns
Contactar
Buscar
O teu Malandraxe
Imaxes ó azar

artesdocirco_130.jpg
En Liña
Non hai usuarios conectados
RSS
Envíanos as tuas fotos
Asamblea Urxente 19/4
escrito por Rena o 11/04/09

O domingo 19 imos facer unha asamblea extraordinaria e urxente da asociación. Estaría ben que tod@s @s que puideran vir vinheran.

 

Quedou marcada para as 20h en primeira convocatoria e as 20.30 en segunda convocatoria (a esa hora empezamos).

 

O único punto a tratar é o tema económico... que por certo, se aínda tendes as cotas deste ano por pagar, falade comigo!

 

Saúdos malandr@s!

 
Fotos do Entroido 2009, aberta a Galeria
escrito por Moi o 20/03/09

Xa temos subidas algunhas das fotos da comparsa de entroido a galería ENTROIDO CÍNGARO 2009. Animádevos a enviar as fotos que queirades ó Rena ou a min, en canto poidamos tentaremos engadilas.

 

Tamen abrimos unha galeria MALANDRAXES para que os membros e amigos poidades enviarnos as vosas fotos facendo malabares.

 
Galería Entroido Cíngaro 2009 

 

Un saúdo Malandraxes :)

Esta dirección de correo electrónico está protexida contra os robots de spam, necesita ter Javascript activado para poder vela Esta dirección de correo electrónico está protexida contra os robots de spam, necesita ter Javascript activado para poder vela

 
AXENDA: FEBREIRO
escrito por Rena o 19/02/09

Parece que temos un fin de mes de febreiro axitado, e xa está aquí!!

 

sábado 21 febreiro: desfile de comparsas de entroido as 19h, dende a rúa (o)Porto ata a estación marítima (pasando polas rúas Rosalía de Castro, Colón, Montero Ríos... onde facemos malabares no verán!)

        CIRCO CÍNGARO

 pd. aínda que saímos as 19h, temos que estar alí as 18h

 

mércores 25 febreiro:  desfile de comparsas polo enterro da sardinha, as 19.30, dende a estación de barcos, ata a praça da estrela, e dando a volta pola praça de Compostela, ata voltar á estación.

 

pd hai que estar alí as 19h

 

sábado 28 febreiro: FESTA DO PAN ("ENTREMOS NA PANIFICADORA") www.entremosnapanificadora.com

 

No casco velho, na praça dos pescadores (onde está o bar Edra), de 18 a 21h. Malabares, música, animación, proxecións,... e +! unha festa do pan, pola reabilitación da panificadora.

 

"Antes ca ruina e/ou a demolición: expropiación" –art . 37 Lei estatal 16/1985- .

 

 e de momento nada máis. Lembrade que se podedes pasar o xoves polo local cos disfraces da comparsa... e así nos vemos tod@s!

 
Ven a malabarear!
escrito por Rena o 09/02/09

Se estás interesado en aprender a facer malabares, ou en mellorar a túa técnica malabarística, ven ó noso local!

 

Estamos na rúa Esperanto 10, baixo (un par de rúas máis abaixo do cruce de Choróns, ó lado do colexio Alba), todos os martes e xoves de 18 a 22h. Un espazo para xogar, aprender e pasalo ben.

 

Lembrate e pasate: martes e xoves de 6 a 10, no local de Malandraxe.

 

E se te animas a participar connosco no desfile de comparsa de entroido organizado polo concelho de Vigo, próxima reunión, mércores 11/2, as 20h, tamén no localdraxe. Chega a Vigo o "Circo Cigano"!

 
Asamblea Malandraxe
escrito por Rena o 13/01/09

Por se alguén se conecta polo güeb, informo:

 

a seguinte asamblea vai ser o próximo día 22 as 20.30 no local. Sería bo que vinhera moita xente, hai moitos temas que tratar: fin do contrato do local, comparsa de entroido, horario de apertura do local, cotas de soci@s, próximos cabarets, festa aniversario local,... entre outros temas que se me ocurren.

 

Malandr@s e malandríns, non faltedes!

 
Incidentes no Lokaldraxe
escrito por Rena o 03/12/08

Ola a tod@s,

 

o luns 1 de nadal, entraron no lokal (estaba a porta arrimada) e levaron un bolso, con móbil, documentazón e... unha chave do lokal!!

 

Esa noite tivemos que por unha cadea na porta para que non se puidese entrar, e o martes, fomos a ferretería Pombo (grazas Diego!), a por unha fechadura nova. Total, 24 euros da fechadura e a man de obra de dous malandr@s, que sae por conta da casa! ;)

 

Ben, pois o xoves abro eu o lokal, de 19 a 22h, e pra semana, haberá que sacar copias da chave, e ver quen abre. Que por certo, o concello xa pagou, e de momento xa temos cartos ata final de ano, e pode que ata para un pouco máis.

 

Máis info na seguinte asamblea, que temos a xente no encontro de Bilbo, e aínda non ten data.

 

Saúdos,

 

ReNa

 
Encontro de Bilbao
escrito por Rena o 01/12/08

Xa está en marcha os obradoiros do 7º Encontro de malabaristas e artistas de circo, organizado pola asociación Koblakari de Bilbao. O encontro vai do 5 ó 9 de nadal, para quen queira saber máis, que visite a páxina: www.koblakari.org

 

Cando volten que escriban os malandros que foron... que non son un nin dous. Pasadeo bem!

 
Kabaret Malandraxe
escrito por Rena o 23/11/08

Logo da estupenda actuación do sábado na Cova dos ratos, este mércores remata o mini-tour do espectáculo organizado pola asociación Malandraxe.

Será o mércores no Candela (zona Churruca), as 22h. Esperamosvos alí, deica!

 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 Seguinte > Final >>

Resultados 25 - 32 de 43