|
En Liña |
|
Non hai usuarios conectados |
|
|
|

|
escrito por Moi
o 07/06/09 |
|
Xa chega o FestiClown 2009, 10 anos non son nada <:) , entre o 27 de Xullo e o 2 de agosto poderemos disfrutar do décimo aniversario do festival de clown a mans de Jango Edwards, Philippe Gaulier, Claudia Contín e Ferruccio Merisi, Leo Bassi, Alain Vigneau, Antón Valén, Lluna Albert e Pablo Muñoz... entre moitos que colaborarán na organización e cursos deste evento.
A web está ainda en construccion polo que só ten contidos o apartado de cursos,en breve supoñemos que terán os programas e demáis....podedes velo no seguinte enlace www.festiclown.org |
|
|
escrito por Moi
o 05/06/09 |
|
No foro..... Kitinhos: nos vos perdades a noite de variedades que terá lugar no Candela o dia 17 de xunho. levaredes unha sorpresa, algo non visto ata agora se queredes rir a esgalla non faltedes... cabaret "hoy no tengo el chichi para farolillos"... unico e inimitable... Xa sabedes, a correr que o sitio acabarase pronto..... >:) |
|
|
escrito por Moi
o 21/05/09 |
|
Xa temos algunhas fotos feitas por Mistertrufa do día do malabarista. Pasade a botar un ollo...
Recordade, este Domingo, día 24 de maio, temos asamblea no Lokaldraxe, que hai que falar do tema do local... non faltedes. e este sábado, día 23 as 22h na Cova dos Ratos, outro novo único e irrepetibel "Kabaret MLDX". Non faltedes! |
|
|
escrito por Moi
o 19/05/09 |
|
Gracias a MisterTrufa temos as fotos do último cabaret no Cantina Candela, e tamén teremos as fotos da olimpiada. Estas últiimas ainda non están colgadas pero axiña as poderedes ver nas GALERIAS ... Recordade que podedes enviar fotos dos eventos ou de onde sexa, a Rena ou a min para que as publiquenos...
Tamen avisar que mudamos o foro de malandraxe, agora está nesta mesma páxina podedes entrar dende o menu da esquerda... ABERTO a todos, con ou sen rexistro. Animádeos a entrar... IR Ó FORO |
|
|
escrito por Rena
o 12/05/09 |
|
Ola, informase da seguinte asamblea Malandraxe, que terá lugar no Lokaldraxe o domingo 24 de maio do 9. Convocase @s soci@s as 20.30 en primeira convocatoria e as 21.00 en segunda (convocatoria), co seguinte orde do día: 1. posible cese do contrato do Lokaldraxe 2. rogos e preguntas (e valoracións das últimas actividades e cabarets realizadas por Malandraxe) vémonos! pd. por certo, Kabaret Malandraxe, o mércores 13 no Candela as 22h e na Cova dos ratos o sábado 23 as 21.30. Repito, vémonos! |
|
|
escrito por Rena
o 08/05/09 |
|
Ola a tod@s, quería informarvos que no enderezo: http://www.geocities.com/malandrax/ temos o foro aberto Malandraxe. Aberto a tod@s @s que queiran comentar algo ou estar en contacto coa xente, enterarse das últimas novidades, etc. Fácil de meter un novo comentario, sen ter que estar rexistrado, nin nada polo estilo. Coméntanos algo no novo antigo foro Malandraxe! |
|
|
escrito por Rena
o 04/05/09 |
|
Xa comezou o mes de maio cunha grande festa para celebrar o día do malabarista, pero aínda hai máis! (por certo, se tendes algunha foto do día do malabarista, podedes enviala a
Esta dirección de correo electrónico está protexida contra os robots de spam, necesita ter Javascript activado para poder vela
) O día 8 de maio, empezan as aulas de pallaso no Lokaldraxe. En horario de 20 a 22h, tod@s @s anotad@s poderán aprender algo máis sobre o pallaso, tamén chamado "clown" no novo circo. Este curso, organizado por Rena, durará 4 semanas, as 4 do mes de maio, tódolos venres. Se precisades de máis información non dubidedes en porvos en contacto comigo,
Esta dirección de correo electrónico está protexida contra os robots de spam, necesita ter Javascript activado para poder vela
Outra cousa: mes de kabarets! O día 13, mércores, estaremos unha vez máis no Candela. E o 23, na Cova. Se aínda non viches un cabaret Malandraxe, este é o teu momento! E se xa o viches... levate a un amig@! vémonos! |
|
Ler máis...
|
|
|
escrito por Rena
o 29/04/09 |
|
O próximo día 3 de maio, a xente de Malandraxe sairá á rúa para celebrar o día europeo do malabarista. Esta celebración consistirá en obradoiros, animación, actuacións e moitos malabares na rúa. Todo isto será o domingo, no náutico (por alí onde sempre), en horario de manhá (de 11 a 13h) e de tarde (de 16.30 a 19h, aprox.). Pararemos a comer, pero comeremos alí mesmo, así que traete a túa comida! O acto principal deste día sinalado, será as 12 do mediodía, cando nos "conectemos malabarísticamente" con todos os pobos e vilas do resto do continente cun gran lanzamento de malabares. Un dos obxetivos deste acto, é mellorar a situación económica da asociación. Que a ninguén lhe estrane se pasamos a ghorra, jijiji... aínda que imos ir a pasalo bem! Se estás interesad@ en facer algo, ou só queres divertirte, non o dubides! Ímonos reunir o sábado 2 no Lokaldraxe, as 18h, para ir preparando cousas, e senón, o día 3, andaremos ben cedo por alí. xa nos vemos! |
|
| << Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 Seguinte > Final >>
| | Resultados 17 - 24 de 43 |
|
|
|
|